Skip to main content
Sarria

Sarria acollerá este xoves a presentación de ‘Parhelio’ de Xosé Luís Mosquera Camba

Por 15 Marzo, 2022Marzo 16th, 2022Sin comentarios

Este xoves 17 de marzo a Casa da Cultura de Sarria acollerá a presentación de Parhelio de Xosé Luís Mosquera Camba, gañador do XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O acto comezará ás 19.00 horas.

A vixésima edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño tivo un total de 84 obras presentadas. O galardón está convocado polo Concello e a agrupación cultural Ergueitas. A XX edición estivo marcada pola pandemia xa que a convocatoria atrasouse respecto a súa data habitual.

O gañador do certame recibiu 6.000 euros e a súa obra publicouse a través da editorial Espiral Maior, este traballo publicado será o que se presente este xoves.

O xurado, acordou por unanimidade xa que a obra gañadora destaca pola súa coherencia interna, mesturando diferentes xéneros e referencias.