Skip to main content
Sarria

A empresa do servizo de lixo de Sarria reclama ao Concello 68.500 euros

Por 21 Marzo, 2022Sin comentarios

Cespa, a empresa encargada do servizo de lixo de Sarria reclamou ao Concello 68.500 euros debido aos atrasos acumulados dende agosto de 2017 ata xullo de 2020, o último ano no que se prorrogou o contrato.

Claudio Garrido, alcalde da vila, afirma que esta reclamación foi propiciada pola falta de actualización das taxas do IPC durante os últimos anos, igual que a ordenanza do alcantarillado, depuración e auga que está sen actualizar dende o ano 2015.

No pleno de decembro, foi levado a pleno un incremento da taxa de depuración do 6,5 rexeitada finalmente polos grupos da oposición debido a crise económica actual. Neste senso, o alcalde cualificou esta conduta como irresponsable ao supor un quebranto económico para o Concello.

Esta situación supoñen o enfrontamento entre as empresas e o Concello. O feito de non incrementar o IPC impide cumprir os contratos e supón un custe maior para as arcas municipais.