Skip to main content
Sarria

Xa se coñecen aos gañadores da campaña promocional do Día do Pai de Sarria

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

A campaña promocional que a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolveu con motivo do día do pai xa ten gañadores.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra entre o 10 e o 19 de marzo, cubriron uns boletos cos seus datos para poder gañar un dos cinco vales que se sorteaban (2 de 50 euros e 3 de 30 euros).

Co lema “¡Mercar para o pai no comercio asociado ten premio!” puxéronse en xogo case douscentos euros, esta iniciativa tiña como finalidade premiar as persoas que mercan no comercio asociado.

Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, na que se procura dar valor ao comercio local da vila, dinamizando un comercio de calidade-proximidade-atención.

Este tipo de iniciativas ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte ao Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado.

GAÑADORES
Os gañadores desta edición foron José López Sampedro e María del Carmen Magdalena Díaz cun vale de 50 euros cada un e Cristina Rodríguez Pereira, Lorena Vázquez Fernández e Paloma Martínez Pérez cun de 30 euros respecitvamente.

Os establecementos nos que mercaron as persoas premiadas foron: “Adrián Salgado Ópticos&Audiológos”, Peluquería Estilo”, “Barja Shoes”, “Atmósfera Sport” e “E. S. A Rosareira- Cepsa”.