Skip to main content
Sarria

A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño francés ten previsto solicitar un Plan Turístico

Por 25 Marzo, 2022Sin comentarios

A Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño francés, da que Sarria ostenta actualmente a presidencia, ten previsto solicitar un Plan Turístico cuxo fin principal sexa o apoio ao sector hostaleiro, comercial e primarios.

A tal fin o Concello de Sarria convoca a tódolos titulares e traballadores destes sectores a unha reunión que terá lugar na casa da cultura o vindeiro luns 28 de marzo ás 17.00 horas. Dende a entidade chaman á asistencia dos interesados debido á importancia dos temas que se tratarán no encontro.

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés está formada por once concellos: Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Abarca territorios de dúas das catro provincias de Galicia, Lugo e A Coruña, e de seis comarcas: Os Ancares (Pedrafita), Sarria (Paradela, Triacastela, Samos e Sarria), Lugo (Portomarín), A Ulloa (Monterroso e Palas de Rei), Melide (Melide) e Arzúa (O Pino e Arzúa).

Este territorio marcado por unha ruta de historias, un territorio de camiños milenarios polos que percorrer o corazón de Galicia.