Skip to main content
Sarria

Noxxo actuará hoxe 26 no Buril de Sarria

Por 26 Marzo, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Buril acollerá hoxe á agrupación galega Noxxo, formada na Coruña fai uns anos. Os seus temas solen ser punk, rock, hardcore ou metal ofrecendo moito ritmo ao seu público. A cita dará comezo as 22.00 horas. A entrada terá un custe de 5 euros e venderase na taquilla.

No dia de hoxe orballarán camisetas oficiais do grupo gratis e haberá un regalo a tódolos que pasen por taquilla, (ata fin de existencias).

NOXXO
O grupo naceu grazas a dous dos seus integrantes que xa mantiveran contacto nos anos 90 con outra banda de música, a partir de aí foron formando o grupo ata chegar a súa formación actual. O seu primeiro EP “Aporcalipsis” foi editado a principios do 2020 e gravado e mesturado nos estudos “El taller” da Coruña por Carlos Arean, este tivo unha gran aceptación entre o público.

As letras das súas composición falan da terra galega e a súa historia. Teñen como temas centrais a morte e o seu tratamento en Galicia.