Skip to main content
Sarria

Ruta ao Couto Mixto da man de Xacobeo Rutas Sarria

Por 27 Marzo, 2022Sin comentarios

A Asociación Xacobeo Rutas Sarria organiza unha nova excursión ao Couto Mixto. Unha ruta para coñecer un lugar con moita historia en Galicia, xa que foi unha república independente e un microestado galego. Os asistentes coñecerán a historia do lugar percorrendo o Camiño Privilexiado, o cal comunica todas as aldeas que compoñían o couto mixto.

As explicacións correrán a cargo de Xosé Antón, o historiador do Grupo Xacobeo Sarria. Esta ruta comenza na aldea de Meaus e termina en Tourem, esta é unha aldea típica de Portugal que tamén formaba parte do Couto Mixto. Ademais, os participantes coñecerán tamén a Serra Do Xurés.

No mediodía repoñeranse as forzas cun bo xantar en Calvos de Randín.

Pola tarde a visita será as Caldas Romanas de Bande e ao campamento romano Aquis Querquennis, unha mansión-viaria e un complexo arqueoloxico dos mais importantes de Galicia.

A ruta que se levará a cabo pola mañá será dunha dificultade baixa, serán 12 km entre as aldeas do Couto Mixto.

A reserva da praza pode realizarse ata o 31 de marzo xa que a excursión está programada par ao vindeiro 3 de abril. O prezo para os socios será de 33 euros e para os non socios 35 euros. Inclúe desprazamento, comida e seguros.

Para realizar a reserva ou acadar máis información pódese chamar ao teléfono 609 027 518.

A saída dende Lugo será ás 6.30 horas e dende Sarria ás 7.00 horas.