Skip to main content
Sarria

Os Meigallos FS recibiron a visita do deputado Efrén Castro

Por 27 Marzo, 2022Marzo 28th, 2022Sin comentarios

O deputado de Deportes Efrén Castro achegouse a un adestramento dos equipos de base dos Meigallos FS, referente do fútbol sala de base na vila e na comarca despois de quince anos de traxectoria.

O club está formado por nove equipos de categorías inferiores –biberón, prebenxamín A e B, benxamín A e B, alevín, infantil, cadete e xuvenil – e un equipo sénior, que compite en Preferente Galicia, cun plantel formado por xogadores formados na canteira. En total, a entidade conta con máis de 160 xogadores e xogadoras e presume de contar con tres equipos de base –infantil, cadete e xuvenil- en ligas galegas.

Efrén Castro recoñeceu “o esforzo que persoal directivo, técnico e as propias familias realizan para dar continuidade a este proxecto deportivo, que ofrece a nenas e nenos de Sarria a posibilidade de practicar este deporte, especialmente nos últimos dous anos nos que tiveron que facer fronte ás dificultades da pandemia”.

O responsábel provincial lembrou que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina máis de 1,5 millóns de euros a axudas directas a clubs e entidades deportivas a través de diferentes liñas, contribuíndo decisivamente ao mantemento do tecido deportivo e ao acceso ao deporte.