Skip to main content
Sarria

A Asociación micolóxica A Muiñeira retoma a súa actividade

Por 28 Marzo, 2022Marzo 29th, 2022Sin comentarios

A Asociación micolóxica A Muiñeira de Sarria reuniuse co fin de preparar as actividades que se levarán a cabo durante este ano, aquí inclúenses as xornadas de setas, rutas de sendeirismo e intervencións ecolóxicas.

Desta forma, comezarán as súas actividades no mes de maio cunha saída ao campo a recoller setas, a partir de aí unha vez ao mes realizarán unha ruta de sendeirismo.

En novembro, coas súas xornadas micolóxicas levarán a cabo excursións a montes do lugar para coñecer os exemplares cos que se montará a continuación unha exposición que percorrerá os centros de ensino e será amosada a público en xeral.

Ademais, teñen previsto realizar actividades de limpeza e coidado en espazos naturais empezando polo monte Lagüela.

Este ano, 2022, é especial para a asociación xa que cumpre as súas vodas de prata. Para celebralo homenaxeará a tres socios desaparecidos, o que foi presidente José Recimil Tábora e dous veciños que formaron parte do grupo dende os seus inicios, Amadeo López Díaz e Beatriz Somoza Sobrado.

O encontro tamén serviu para actualizar a xunta directiva da asociación. O presidente é José Folgueiras, o vicepresidente José Miguel Raposo, Sara Rodríguez tesoreira e María Díaz secretaria. Como vogais actúan Eva Quiroga, Natividad Rodríguez e María José Espín.