Skip to main content
Sarria

Asociacións do Camiño de Santiago mantiveron un encontro en Sarria

Por 28 Marzo, 2022Sin comentarios

As asociacións que promoven o camiño de Santiago en Sarria e arredores seguen a traballar para potenciar este sector turístico. Para iso, os presidentes das asociación de amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, o presidente da asociación de amigos do Camiño de Santiago polo Norte de España e a Asociación dos Camiños de Santiago e Santo Toribio de Liébana por Camargo, a asociación de amigos dos Camiños de Santiago a Caballo Equum Pereggrinans mantiveron un encontro.

Nel, Jorge López, Valeriano Teja, Iván Erik e Jacobo Pérez estiveron a organizar e poñer en común diversas iniciativas que axuden a potenciar e mellorar a experiencia no camiño dos peregrinos.

A última actuación posta en marcha por algunhas destas asociacións foi a credencial para équidos, que está a ter unha gran acollida xa que a pasada semana entregaron as primeiras a tres cabalos que chegaron a Sarria.