Skip to main content
Triacastela

Triacastela ofrece un curso de iniciación ás redes sociais para os seus veciños adultos

Por 1 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Triacastela ofrece aos seus veciños adultos un curso de iniciación ás redes sociais ‘Presume de Camiño’.

Esta actividade formativa é gratuíta e vaise celebrar o día 9 de marzo a partir das 16.30 horas na Fonte do Lunar. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse chamando ao Concello no teléfono 982 548 147.

As redes sociais son un método máis da comunicación actual, moitas persoas ven limitadas as súas relacións sociais debido ao descoñecemento destas novas ferramentas, por iso, dende o Concello están a promover un curso de formación que axude aos adultos a navegar de maneira segura e aprender as nocións básicas sobre estas plataformas.

Os perfís nas redes sociais poden servir para coñecer xente, manter o contacto con outras persoas ou incluso promover e fomentar os negocios. Teñen moitas saídas e poden ser moi beneficiosas polo que coñecer o seu funcionamento é fundamental para facer un bo uso das mesmas.