Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela abre o prazo para anotarse a clases de zumba

Por 24 Marzo, 2022Marzo 25th, 2022Sin comentarios

O Concello de Triacastela abre o prazo para anotarse a clases de zumba. As clases impartiranse todos os martes de 20.00 a 21.00 horas no polideportivo do Colexio. O prezo será de 25 euros ao mes.

Aquelas persoas que estean interesadas en realizar esta actividades poden anotarse chamando ao Concello de Triacastela ao teléfono 982 548 147. A data límite para formalizar a inscrición é o venres día 1 de abril.

Zumba é unha disciplina fitness creada a mediados dos anos 1990, está enfocada a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.

Este tipo de actividades promoven os hábitos saudables e ademais fomentan a socialización entre os veciños.