Skip to main content
Abadín

Abadín pecha con éxito de visitantes unha nova edición de Expogrelo

Por 6 Marzo, 2022Sin comentarios

Os 12 produtores presentes na décimo sexta edición de Expogrelo en Abadín, celebrada non recinto feiral de Gontán, volveron verse as caras tras un ano sen feira e recuperaron antigas sensacións ofrecendo un produto de calidade total a un prezo fixado de 1,5 euros a mada.

Sen dúbida axudou na xornada o bo día que saiu e que animou aos veciños dos arredores e visitantes asiduos a achegarse ata Abadín.

Como en anos anteriores tamén houbo premios outorgados polo Concello. Marisol Grandío, de Romariz e Esther Cruña, de Moncelos repetiron e volveron facerse cos premios á mellor decoración, tal e como fixeron na última edición. Ademais, todos os produtores recibiron unha gratificación de mans das autoridades presentes pola súa participación na feira.

Acompañaron na ocasión os postos de artesanía e gastronomía, diversos feirantes e a animación musical que fixeron de Expogrelo unha xornada do máis completa.