Skip to main content
Begonte

Abre o prazo de solicitude do servizo de podoloxía para este ano en Begonte

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte ofrecerá de novo este ano un servizo de podoloxía aos seus veciños de idade avanzada.

Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello.

Os interesados en sumarse deberán presentar a súa solicitude no servizo de atención podolóxica que xa está aberto e que remata o 1 de abril de este ano.

Será necesario acudir ás oficinas municipais para asinar a solicitude.

Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica ás persoas maiores de cara a favorecer o seu benestar integral.