Skip to main content
Cospeito

San Martiño de Pino inicia este sábado un taller de costura

Por 7 Marzo, 2022Sin comentarios

A asociación San Martiño de Pino dará comezo este sábado 12 de marzo un taller de costura que se desenvolverá todos os sábados cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias vixentes.

As sesións terán lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas e nelas aprenderase a realizar arranxos na roupa e tamén a elaborar modelos a medida e complementos, así como traxes medievais.

Os interesados en anotarse, que teñen xa o prazo aberto, terán que abonar 10 euros ao mes se son socios e 20 se non o son.

Tamén impartirase clases de iniciación á música, canto e baile tradicional, que terán lugar os mércores de 17.30 a 18.30 horas con data de inicio o 6 de outubro.

O prezo desta actividade será de 15 euros para socios do colectivo e 17 para os que non o son.