Skip to main content
Cospeito

Antón Losada será o pregoeiro da Moexmu 2022

Por 13 Marzo, 2022Marzo 14th, 2022Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, que terá lugar os vindeiros 1, 2 e 3 de abril do 2022 anunciou ao pregoeiro deste ano.

Así, o pregón estará a cargo do xornalista Antón Losada, que é habitual colaborador da Cadena Ser, e doutros medios de comunicación a nivel estatal, como El Diario, La Opinión o El Periódico de Catalunya. Tamén foi director de Radio Voz en Madrid, a mediados da década dos 90. +

Estaba previsto que xa o fora no ano 2.020, edición suspendida pola covid-19, e o xornalista mantivo o seu compromiso coa Moexmu de Muimenta.

O pregón será xusto despois da innauguración que terá lugar o vindeiro primeiro de abril, a partir das 19:00 horas no Recinto Feiral Manuel Vila López.

Doutor en Dereito pola USC é profesor titutar de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa Universidade dende 1998. Tamén ten un Máster en xestión pública pola Universidade de Barcelona.

Ten varios libros publicados, como La política del mar: políticas públicas y autonomía. El caso de la pesca gallegaPiratas de lo públicoCódigo Mariano o Los ricos vamos ganando.