Skip to main content
Cospeito

Henrique Moniz será xuíz este ano na Moexmu

Por 18 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXVIII Moexmu vai iniciar unha colaboración coa Escola de Gandeiros de Coristanco. Grazas ao cal, varios dos seus alumn@s estarán durante a fin da semana da Moexmu colaborando co Concurso de Gando, para o cal se asinara un convenio nos vindeiros días.

Por outra banda, o xuiz portugués Henrique Moniz, será o encargado do XXX Concurso Autonómico de Gando Frisón – Fefriga 2022.

É a terceira vez que é un xuíz internacional e a segunda vez que procede do país veciño.

Henrique Moniz (outubro 1983) criouse na gandeiría leiteira Herederos de Manuel Elías Melo Moniz, que actualmente pertence a súa nai e tíos.

No 2007 entrou a traballar na Asociación Agrícola de San Miguel, onde coordinou o servizo de control leiteiro desta asociación. No 2015 trasladouse ao departamento de nutrición animal na fábrica de piensos de Santana da Cooperativa União Agrícola.

Henrique Moniz forma parte do grupo de xuíces da Asociación Portuguesa de Criadores de Raza Frisia (APCRF) dende o ano 2012, habendo xulgado varios certames no país, como o Concurso Rexional de Ferreira a Nova, o Concurso de Agro Race en Braga, o de Faial e o Concurso da Raza Holstein Friesian de la Isla de Pico.

Tamén ten xulgado en España antes do Concurso da Moexmu.

No 2013, como representante da APCRF, participou no taller da Confederación Holstein Europea (EHFC) celebrado en Vianan/Utrecht (Países Baixos), clasificándose no décimo cuarto posto na súa categoría de Xulgamento entre un total de trinta e catro xuices de dezaoito países europeos.

No 2015 tamén participou como representante de Portugal no taller EHFC celebrado en Hódmezovásárhely (Hungría).