Skip to main content
Cospeito

As asociación Aquilino Iglesias Alvariño fará o domingo unha asemblea

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

A asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño de Muimenta celebra este domingo, 27 de marzo, ás 20.00 horas unha asemblea extraordinaria.

O obxectivo da mesma é a formación da nova directiva e o debate sobre un posible convenio co Concello para o coidado da área recreativa.

Ao finalizar, abrirase a habitual quenda de rogos e preguntas.

A reunión terá lugar no centro médico de Muimenta.