Skip to main content
Guitiriz

Este domingo está convocada outra sesión do programa BTTeando por Guitiriz

Por 9 Marzo, 2022Sin comentarios

O programa BTTeando por Guitiriz continúa este domingo cunha nova saída. Tralo seu inicio no mes de novembro, continúa así a cuarta edición desta actividade, organizada polo Concello en colaboración co Club BTTeiros Cova de Serpe, e que consiste na realización dunha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do municipio e incluso doutras vilas.

A saída terá lugar o 13 de marzo e será a dos Muíños con saída e chegada á praza do campo da feira de Guitiririz a partir das 10.00 horas. A inscrición está aberta ata o xoves.

As seguintes serán no Camiño Real (10 de abril) e, por último, a de Penas de Rodas en Outeiro de Rei (29 de maio). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible. En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.

Como sempre, está aberta ao público en xeral pero os menores de 14 anos deben ir acompañados dunha persoa responsable adulta. Para participar hai que anotarse previamente no Concello ou a través do Club BTTeiros Cova da Serpe. É obrigatorio levar casco e aconsellan equiparse cunha peza de fruta e tamén auga.