Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz participa nun estudo científico sobre o cancro

Por 20 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

A USC tomará mostras de sangue en varios concellos lucenses co fin de determinar a presenza destes metais na poboación e a súa incidencia na saúde.

O Concello de Guitiriz sumouse esta semana ao proxecto de investigación da USC e do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) que ten por obxectivo analizar a presenza de microminerais esenciais na poboación da provincia co fin de determinar a súa incidencia na saúde e de tratar as enfermidades oncolóxicas. Neste contexto,  a USC lanzou a campaña “Minerais contra co cancro”, que tenta coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e valorar o seu potencial terapéutico en doentes de cancro.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, asinou esta semana o convenio de colaboración no que participan xa varias institucións públicas e privadas. O proxecto de investigación titulado “Intervalos de referencia de microminerais esenciais e tóxicos na poboación da provincia de Lugo” será cordinado por investigadores da USC e do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). En concreto, a responsable do estudo será a profesora Marta López Alonso, e se engloba dentro do proxecto de Tese doutoral de Dna Inés Rivas Fernández titulado “O papel dos microminerais no doente oncolóxico na provincia de Lugo”.

Morandeira destaca a importancia de levar a cabo este tipo de investigacións sanitarias co obxectivo de prever enfermidades de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas afectados por enfermidades oncolóxicas. “Sumámonos a un proxecto conxunto moi importante para investigar en profundidade o  potencial dos microminerais en pacientes con cancro da provincia de Lugo”, apuntou a rexedora.

O proxecto de investigación permitirá valorar se o uso destes microminerais podería traballar como suplemento complementario da quimioterapia e radioterapia para, así, mellorar o prognóstico dos afectados pola enfermidade.

Para levar a cabo esta investigación nos concellos de Lugo participantes  a USC recollerá  mostras de sangue nas persoas que estean interesadas en participar no proxecto co fin determinar os niveis de metais tóxicos e esenciais nas poboacións seleccionadas e posteriormente facilitar os resultados do estudo ás entidades locais que colaboran no estudo.

Guitiriz, como o resto de concellos participantes na investigación, colaborará nos custos derivados da toma de mostras de sangue nos voluntarios, cunha aportación de 300 euros. A toma de mostras de sangue comezará nas vindeiras semanas e continuará ata finais do verán.