Skip to main content
Guitiriz

Abre o día 1 o prazo de matrícula no PAI de Guitiriz

Por 31 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abre o venres, 1 de abril, o prazo para efectuar a renovación de praza para o próximo curso 2022/2023 no Punto de Atención á Infancia (PAI).

Por unha banda, o prazo para renovar praza abrirase desde o 1 ao 15 de abril e, pola outra, as novas solicitudes poderán facerse desde o 16 ao 30 de abril. En ambos casos a documentación pódese entregar por sede electrónica ou de xeito presencial, con cita previa a través da páxina web ou ben con cita previa no Concello.

As familias interesadas poderán atopar toda a información e a documentación na páxina web municipal no apartado dedicado ao PAI.