Skip to main content
Guitiriz

O Sergas comprométese a recuperar a actividade no centro de saúde de Parga

Por 30 Marzo, 2022Marzo 31st, 2022Sin comentarios

O PP de Guitiriz agradece a colaboración do Sergas para recuperar a actividade asistencial no consultorio de Parga de xeito paulatino a partir de setembro. Tal e como se lles trasladou aos populares deste municipio nunha reunión mantida na Delegación da Xunta de Galicia de Lugo, “houbo que adoptar esta medida temporal debido a que dito centro non cumpría os requisitos para prestar unha atención axeitada en tempos de pandemia”. Asemade, a recuperación será gradual debido á dificultade de organizar toda a actividade no período estival a consecuencia da falta de facultativos. 

Dende o PP aclaran así que a inhabilitación temporal de parte da actividade respostou única e exclusivamente a criterios de seguridade para doentes e traballadores. O período de inhabilitación foi debido á pandemia da covid, pois dacordo co plan de continxencia elaborado conxuntamente entre o Sergas e os facultativos dous dous centros de saúde, o consultorio de Parga, por mor da súa estrutura física e disposición, non permitía manter as obrigadas e necesarias medidas de seguridade para a atención con absoluta seguridade dos pacientes neses momentos da pandemia, ao non posibilitar establecer circuítos de dobre circulación para a adecuada separación dos usuarios. 

Por este motivo, e de forma provisional, optouse por inhabilitar temporalmente parte da actividade do consultorio e trasladar a atención ao centro de saúde de Guitiriz, que si garantía a dobre circulación de pacientes e contar con espazos diferenciados para a súa atención con todas as garantías de seguridade necesarias. 

“Queremos poñer en valor a actuación do Sergas con esta medida, xa que, tal e como se comunicou con anterioridade, tan pronto fose factible pola evolución da pandemia, se volvería a retornar á actividade habitual normal, garantindo unha atención segura e de calidade”, conclúen.