Skip to main content
Outeiro de Rei TERRACHÁXA

Concerto de Zoelas este sábado na casa de Manuel María

Por 8 Marzo, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Este sábado, día 12 de marzo, ás 20 horas, a formación orixinaria de Antas de Ulla, Zoelas, subirá ao escenario do auditorio da Casa-Museo Manuel María para interpretar ao público asistente pezas do seu traballo Evelaités, así como das súas últimas e recentes composicións.

Zoelas é un proxecto musical en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).

Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.