Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo de solicitude para a Escola Infantil de Outeiro de Rei

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de solicitud de admisión para o curso escolar 2022/2023 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei, que poderá facerse ata o 2 de maio.

Durante este período de tempo os pais/nais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil e no Concello de Outeiro de Rei; tamén, a través desta nova accédese aos impresos  ou premendo no banner que aparece na web municipal destinado a conciliación familiar_familias accédese á información da Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei (https://outeiroderei.gal/escola-infantil-municipal/) .