Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza estuda coa Xunta a construción dun centro de día

Por 2 Marzo, 2022Sin comentarios

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, mantivo unha reunión en Santiago co director Xeral de Maiores, Fernando González Abeijón, para ver a posibilidade de construír un centro de día.

O Concello xa solicitara en varias ocasións a construción deste centro de atención aos maiores e, de feito, tamén foi solicitado a través dun escrito por parte da Asociación de Empresarios local.

Esperamos que este sexa un paso decisivo, para que grazas a colaboración entre as dúas administracións, por fin logremos ter o tan esperado centro de día”, avanzou o alcalde pastoricense.