Skip to main content
A Pastoriza

Acondicionan a contorna da nave municipal da Pastoriza

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza iniciou as obras de acondicionamento da antiga nave municipal. Os traballos consisten na limpeza da contorna desta instalación levados a cabo por unha empresa externa.

Como indicaron dende o Concello, “máis que limpeza foi un desescombro que consistiu na retirada de material como plásticos madeiros, ferro, etc.”

Tamén se acondicinou a zona da entrada da nave pero queda pendente de facer o arranxo da cuberta e reposición de ventás deterioradas.

A intención é actualizar o edificio para poder dotalo dunha función aínda que están a estudar o seu futuro.