Skip to main content
As Pontes

Cohempo xa ten gañadores do seu concurso de Entroido

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes xa ten o resultado do concurso de Entroido dirixido a todos os socios do colectivo e realizado a través das redes sociais.

Así, o primeiro premio, consistente nunha tablet foi para VeGavend Autolavado Vending, que obtivo 605 votos e o segundo foi para Urbo Moda, con 499 votos e que recibirá como recompensa a cota de socio dun ano gratis.