Skip to main content
As Pontes

As Pontes: As fragas da Ribeira e do Lostegal

Por 20 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

Un roteiro circular de 19 quilómetros que percorre un dos espazos naturais máis relevantes da provincia da Coruña.

N

a localidade das Pontes atópase o roteiro de sendeirismo PR-G 147  As  Fragas da Ribeira e  Lostegal que é un roteiro circular de 19 quilómetros e de dificultade media debido a que ten continuas, aínda que pequenas, ramplas de subida e baixada, pero que se superan sen problemas.

O carreiro está ben sinalizado e non ten dificultades para seguirse xa que gran parte do percorrido ademais transcorre pegado ao encoro da Ribeira. O tempo no que se pode facer o roteiro é aproximadamente de seis horas e media.

Pode percorrerse en calquera sentido, e o inicio está no parque  do Eume situado á beira do Poboado do Barreiro, pero si se comeza en sentido contrario ás agullas do reloxo afrontarase a máxima pendente ao inicio e con plenitude de forzas.

Comezando no Parque da Fraga subirase ata o monte Alto da Carballeira a 667 metros dende onde pódese divisar unha magnífica paisaxe da vila e do recentemente formado lago das Pontes.

No descenso a senda penetra na Fraga do Lostegal e unha densa mata de carballos, acivros e loureiros acompañará ata o encoro.

Dende aquí, a paisaxe alcanza o seu apoxeo xunto ás ruínas inundadas do lugar de Chao do Habanero, para atravesar despois a exuberante natureza da Fraga da Ribeira, con húmidos recunchos plenos de verdor todo o ano, fermosas fervenzas, regatos, e unha ampla variedade de flora e fauna.

O sendeiro rematará de novo na ponte de madeira do parque do Eume.

Resaltar que a seguridade do sendeiro varía segundo a época do ano e das condicións meteorolóxicas. Co chan mollado as superficies de roca son moi escorregadizas sendo necesario extremar as precaucións.