Skip to main content
As Pontes

Buscan as zonas sen cobertura de banda ancha nas Pontes

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes, a raíz da consulta pública aberta pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais, sobre a identificación das zonas sen cobertura a máis de 30 Mbps, a máis de 100 Mbps e a máis de 300 Mbps para o ano 2022, pide a colaboración da veciñanza para identificar as zonas sen cobertura de banda ancha no municipio.

Existe xa un mapa no que están identificadas 660 zonas con dificultades de conectividade, zonas nas que non hai ninguna red capaz de proporcionar conexión (zonas grises) e zonas onde soamente unha rede é capaz de proporcionar conexión a moi baixas velocidades (zonas brancas- en cor violeta no mapa).

“Desde o Concello pedimos a colaboración da veciñanza para completar esta identificación de zonas e obter un mapa definitivo, facilitando á Secretaría de Estado información sobre zonas nas que sería posible realizar proxectos de extensión da cobertura de redes de banda ancha ultrarrápida para conectar fogares e motores socioeconómicos”, apuna Lorena Tenreiro, responsable de Medios Locais.

Todos aqueles veciños e veciñas que residan nun lugar no que non exista cobertura, que non figure no mapa de conectividade ou que detecten erros no mesmo poden enviar as súas suxestións ao Concello das Pontes, a través do correo comunicacion@aspontes.org, indicando os seus datos persoais e o enderezo do lugar sen cobertura, os erros detectados así como os datos de xeolocalización. O prazo para enviar esta información estará aberto ata o martes, 5 de abril, ás 20:00 horas.

Lorena Tenreiro apuntou que o mapa coas zonas xa identificadas podes consultarse na ligazón https://avancedigital.maps.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=2a4fbc372c0a4bc09c02f622dabbd5ff, e lembrou a importancia desta consulta posto que “ter unha boa conectividade é esencial para concellos do ámbito rural, permítenos asentar e atraer poboación, desenvolver novos negocios, potenciar os existentes ao tempo que mellora a calidade de vida da veciñanza”.