Skip to main content
As Pontes

Abre o prazo de solicitude para a escola infantil A Barosa das Pontes

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes abre hoxe, 22 de marzo,  o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2022-2023 na Escola Infantil Municipal A Barosa.

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa, poderán presentarse, ata o 20 de abril, no Rexistro Municipal, con cita previa,  chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica municipal

Para aquelas familias que non dispoñan dos medios telemáticos necesarios os impresos de solicitude a estarán á súa disposición nas instalacións da Escola Infantil Municipal A Barosa.

As prazas de novo ingreso asignaranse tendo en conta unha orde de preferencia na que priman solicitantes con irmán/á cunha praza renovada no centro.

As restantes solicitudes adxudicaranse atendendo á puntuación obtida a través da Comisión de baremación atendendo ao cumprimento dos varios requisitos como ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil, non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano que se solicita praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación, estar nado no momento de presentación da solicitude, estar empadroado/a, durante o tempo de asistencia a escola, toda a unidade familiar no concello de As Pontes de García Rodríguez e cunha antigüidade no padrón municipal de 3 meses a solicitude de matrícula, e atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.