Skip to main content
As Pontes

Cohempo organiza as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume

Por 25 Marzo, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes, Cohempo, celebra esta fin de semana as Xornadas Gastronómicas Queixo do Eume, convocadas coincidindo co Día do Queixo, que se celebra o 27 de marzo.

As xornadas pontesas terá lugar do 25 ao 27 de marzo  con tapas a 2 euros feitas con queixos do Eume.

Participan nesta iniciativas varios locais: Cervecería Jardín, A Caseta do Parque, Mesón de pepe, Segunda cueva, A Fervenza de Somede, Mesón 7 camiños, La Capilla, Mamma mia e Venus.

Ademais, tamén haberá platos especiais con este ingrediente do Eume en Dellapiccola, La Bodega e Casa Teresa.

Todos os que participan nestas xornadas entrarán no sorteo de 12 visitas a Queixerías do Eume con almorzo incluído.