Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Remedios González, reelixida presidenta do PP de Rábade

Por 26 Marzo, 2022Sin comentarios

A dirixente provincial, Elena Candia, presidiu o congreso do PP de Rábade, no que Remedios González Cabarcos foi elixida presidenta, comprometéndose con elo a “consolidar o noso Partido con máis afiliados e simpatizantes”.

Para elo, deseñou unha executiva que está formada, dixo, “por un gran equipo de colaboradores implicados e comprometidos con Rábade”. “Conto con grandes compañeiros, leais e con vontade de traballo para acabar a confianza dos veciños. O noso obxectivo é traballar para facer deste concello un pobo de referencia a nivel provincial e desenvolver un proxecto de futuro para reconducir con ilusión a xestión do Concello nas próximas  eleccións”, destacou.

O cambio é posible

A presidenta provincial amosou a súa satisfacción pola renovación orgánica, depositando en todos os integrantes a súa colaboración e apoio para que en 2023 se produza un cambio de goberno en Rábade. “Creo que é posible e, entre todos, temos que ser capaces de ensanchar o Partido e darlle a este concello o prestixio que perdeu cos mandatos independentes”, remarcou.

A nova presidenta estivo arroupada pola dirección provincial que lidera Elena Candia e por outros cargos orgánicos da formación como Javier Nodal, Javier Vázquez Prado ou José Manuel Balseiro.

A xunta directiva fórmana 11 persoas: Remedios González (presidenta), Ángel Carral Ferreiro (secretario xeral), José Luis Novo Teijeiro (secretario); José Manuel Candal Veiga (vicesecretario de Urbanismo e Vivenda), Pilar Dapena González (vicesecretaria de Sanidade e Asuntos Sociais), María José Parga Regueiro (vicesecretaria de Educación e Cultura), Héctor Iglesias Redondo (vicesecretario de Xuventude e Deportes) e como vogais: Sandra Novo Penas, María Delia Basanta Seijo, Manuel Díaz Freire e Francisco Gómez Vázquez.

Máis congresos

O Partido Popular da provincia continuará este sábado coa renovación da agrupación de Vilalba e, o domingo, a de Monforte de Lemos. Os dous congresos celebraranse ás 12:00 horas nos restaurantes Montero e Don Manuel, respectivamente.