Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Aberto o prazo de inscrición para a VI Ruta BTT do queixo San Simón

Por 1 Marzo, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Club Ciclista tera Chá celebrará un ano máis a Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, que terá lugar o 2 de abril, coincidindo coa celebración en Vilalba da popular feira. Nesta ocasión, a ruta desenvolverase entre os concellos de Vilalba e Muras e terá tres percorridos diferentes, de 35, 54 e 61 quilómetros. As tres probas contan con diferentes niveis de dificultade, así como características técnicas e físicas.

A saída e a chegada terá lugar na praza da Constitución de Vilalba onde se estará a celebrar tamén a feira convocados para comezar ás 9.00 horas e está previsto o seu final sobre as 14.00 horas.

A participación está aberta a todo ciclista maior de 15 anos, pero os menores deberán contar coa autorización paterna. Admitiranse un total de 300 participantes. Esta pode realizarse a través da web www.ccnorte.com, e que finalizará o día 25 de marzo. O importe da inscrición é de 25 euros.

A organización facilitará avituallamentos sólidos e líquidos en distintos puntos do percorrido, reservándose o dereito a modificar o mesmo si por causas de forza maior, ou o bo desenrolo da proba así o aconsellan.