Skip to main content
Vilalba

Celebrarán clases de teatro para nenos en Árbol

Por 1 Marzo, 2022Sin comentarios

A asociación cultural e deportiva da parroquia vilalbesa de Árbol fará clases de teatro para nenos a partir dos 6 anos e ata os 15.

Trátase dunha actividade que se desenvolverá todos os venres de 20.15 a 21.15 horas dando comezo este venres 4 de marzo.

As clases estarán impartidas por Guillermo Cancelo e para asistir haberá que anotarse por teléfono no 617 626 003 preguntando por Bea.