Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Os pequenos do club de loita vilalbés volveron ao tapiz en Lugo

Por 14 Marzo, 2022Sin comentarios

Despois de case 3 anos sen competición escolar, os máis pequenos participaron esta fin de semana nunha Xornada Norte de Deporte Base de loita. Este sábado tivo lugar no Pavillón Municipal de deportes de Lugo e xuntou a clubs de Lugo, centro de Pontevedra provincia, A Coruña, Ourense e Asturias.

En total máis de 150 nenos e nenas tentaron demostrar o aprendido nestes meses despois de dous anos de parón demostrando as gañas de volver ao tapiz.

O Club de Lita Olímpica de Vilalba equipo desprazouse a Lugo cun equipo de 32 deportistas (8 nenas e 24 nenos) acadando o 2º posto por equipos por detrás do Ayude de Santiso. Os 3 primeiros clasificados poderán participar na Final A da Xornada Final de Deporte Base que terá lugar no próximo mes de maio.

Máis aló do resultado, estas actividades buscan que os máis pequenos e pequenas podan disfrutar da loita independentemente do seu nivel e tempo de adestramento, ademais, á boa organización por parte da Federación Galega fan que este tipo de eventos sexan  cada vez máis numerosos, tanto que cada vez son máis os clubs de fóra da comunidade que solicitan participar na liga galega.

Na final da liga de deporte base, na que tódolos equipos participarán agrupados segundo as clasificacións nas xornadas territoriais previas, agárdanse unha participación de máis de 300 nenos e nenas e asistencia de diferentes clubs de fóra de Galicia.