Skip to main content
Vilalba

A folga do transporte impide a recollida do cartón porta a porta en Vilalba

Por 15 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa á cidadanía que debido á folga de transporte non se poderá realizar a recollida porta a porta do cartón hoxe. Dada a folga convocada polos transportistas, a entrada do polígono permanece pechada, polo que non é posible realizar este servizo.

Debido ás circunstancias, prégase aos establecementos que non depositen o cartón no exterior, xa que non poderá ser recollido.