Skip to main content
Vilalba

Convocan unha nova edición do concurso de Microrrelatos de Vilalba

Por 18 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba e Culturalia Gz organiza a cuarta edición do seu concurso de microrrelatos, que ten como obxectivo conmemorar o Día do Libro 2022 e fomentar na poboación o achegamento á lectura literaria.

Poden concursar todas as persoas que o desexen. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos. O tema é libre e deberá conter, polo menos unha vez, a palabra ‘libro’ no corpo do microrrelato. Cada participante poderá presentar un máximo dun microrrelato e as obras terán como máximo 100 palabras (título incluído).

Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo do Concello de Vilalba: comunicacion@vilalba.es. O prazo para a presentación de textos estará aberto ata as 23:59 horas do 22 de abril. Establécense tres categorías: Infantil (ata 11 anos); Xuvenil (de 12 a 17 anos), e Adultos/as (a partir dos 18 anos).

Haberá premios para os tres mellores microrrelatos nas tres categorías. Na de adultos, 300, 200 e 100 euros; libros e material escolar na categoría Infantil, e unha tablet e libros na Xuvenil.

A decisión do xurado darase a coñecer o durante o mes de maio de 2022 a través das páxinas web das entidades convocantes, www.vilalba.org e www.culturaliagz.com, e nas súas redes sociais.