Skip to main content
Vilalba

Os transportistas concéntranse en Vilalba no polígono industrial

Por 18 Marzo, 2022Sin comentarios

A Plataforma de Transportes e Agromuralla, apoiados pola Asociación de Empresarios Sete Pontes, piden a toda a cidadanía, empresas, gandeiros e toda a xente que apoie a concentración que leven a cabo no Polígono Industrial de Vilalba ” e que se sumen á protesta para estar o máis unidos posible polo ben de todos”.

Trátase dunha nova acción que se vén a sumar ás desenvolvidas toda esta semana na zona industrial vilalbesa con motivo da folga de transportes a nivel nacional.

Esta parada dos transportistas está a provocar numerosos problemas de abastecento a fábricas e empresas e tamén a cadenas de alimentación. Ademais o produto diario, como o leite, verduras, froita ou pesado, estase a perder debido á imposibilidade do seu transporte.

Os transportistas do polígono vilalbés teñen parado dende que comezou a folga impedindo a libre circulación dende o pasado luns.

Os manifestantes, que afirmaron ter un respaldo masivo na folga, tamén foron requiridos pola Garda Civil pola súa actividade que aseguraron “estaaba dentro da legalidade”.