Skip to main content
Vilalba

Os transportistas de Vilalba protagonizaron unha marcha

Por 20 Marzo, 2022Sin comentarios

Preto de 259 camións e tamén tractores participaron na xornada de onte nunha marcha reivindicativa en Vilalba que acadou os catro quilómetros.

A protesta, que se prolongou durante arredor de tres horas, contou tamén co respaldo dos veciños da vila que pasaron ao seu paso para aplaudir e moitos comercios pecharon tamén as súas portas durante este tempo.

Os transportistas lembraron que a súa protesta está vinculada principalmente á alza do precio dos carburantes e desvincúlanse de ser unha protesta por motivos políticos.