Skip to main content
Vilalba

Vilalba Aberta reúnese cos veciños de Belesar

Por 25 Marzo, 2022Sin comentarios

Vilalba Aberta retoma esta venres súa pioneira iniciativa Rede de Parroquias. Aprazada a finais do pasado ano polo impacto da sexta onda da covid, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola formación co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.

Así, e despois das seis primeiras de Santaballa e Nete, Ladra, Oleiros, Carballido e Corbelle a formación municipalista visitará Belesar co fin de celebrar a que será a séptima parada da agardada xeira.

“En novembro do pasado ano vímonos obrigados a suspendelas nun exercicio lóxico de responsabilidade; pero toda vez que a situación epidemiolóxica nolo permite, non podiamos máis que retomala”, explicou o seu voceiro municipal, Modesto Renda.

Á xuntanza, fixada para este venres día 25, ás 21h, na Casa Escola da parroquia, seguiralle outra, apalabrada xa, a celebrar o vindeiro mes na parroquia de San Simón.