Skip to main content
Xermade

Xermade repartiu oitos premios no seu concurso de disfraces

Por 2 Marzo, 2022Sin comentarios

O Entroido volveu celebrarse este ano no pavillón dos deportes de Xermade repartindo novos premios nas categorías de grupos.

Na categoría infantil o primeiro premio foi para o disfrace Volando vou, que recibirán 50 euros, seguido de Helicóptero de rescate Skye, con 30, e Centro Xerontolóxico Silvela Vella, que recibe 20.

Na categoría de grupos de adultos, os premios foron para O Circo chega a Xermade, con 200 euros; Os PJ-Mask, con 150, e Grupo Macarena, que reciben 100.

Así mesmo, houbo dous premios para disfraces de non empadroados no Concello de Xermade, con 150 euros para Paola e os Muñeconetes e 100 para Foliada dos Micos.