Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan a peregrinación a Santiago dende Xermade en cinco etapas

Por 26 Marzo, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, promove e organiza a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela en distintas etapas.

A primeir, de Xermade a Guitiriz terá lugar o día 9 de abril, para continuar o 23 coa de Guitiriz a Sobrado. O tramo deste último concello a Arzúa farase o día 7 de maio para continuar a O Pino o día 21 do mesmo mes.

A ruta rematará coa quinta etapa dende O Pino a Santiago o día 4 de xuño.

A saída será todos os sábados ás 8.00 diante do Concello. Haberá autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ao remate de cada xornada.

As inscricións están xa en marcha no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo de cada etapa), que terán un aforo limitado.

Informa sobre esta actividade Lucía, no 678 744 178.

Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Mentres camiñamos contaremos con: transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.

*Prioridade para persoas empadroadas.O concello reserva o dereito de cancelar a actividade ou etapas se non se dá un mínimo de inscricións