Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXATrabadaVegadeo

Trabada e Vegadeo únense na II Edición do Vegadeo Sport Festival

Por 25 Abril, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

Os concellos de Trabada e Vegadeo únense na nova carreira dentro da II Edición de Vegadeo Sport Festival que terá lugar os días 2 e 3 de xullo de 2022 centrando a zona de saída e meta nas inmediacións do Concello de Vegadeo e de Trabada respectivamente.

Os runners terán a oportunidade de defender as súas cores e ondear a bandeira da súa terra na linea de meta pois contan coa modalidade I Desafio Primos Irmáns.

Ademais, contará con dúas modalidades máis, Ocra A Veiga, que será o sábado 2 ás 17.00 horas, e é unha carreira de ostáculos pertencente á liga Ocra Norte nun circuíto de aproximadamente 8 quilómetros de montaña, ríos e parques. E o Trail Vegadeo-Trabada, unha carreira de montaña de 22 quilómetros  aproximadamente de percorrido que une as dúas localidades por tramos do Camiño de Santiago e carreiros próximos a este.

Na II Edición de Vegadeo Sport Festival, segundo o número de participación, as saídas serán graduadas por quendas e asignaranse segundo os criterios da súa modalidade. Para o Ocra a primeira quenda Élite Ocra Norte e a segunda quenda para galegos Vs asturianos. Despois será a saída do Trail

Para realizar a inscrición deberase realizar no apartado de inscricións da web oficial www.nortea.es. O prazo de inscrición será ata a semana previa a cada evento ou ben ata que se complete o nº de prazas dispoñibles, a partir de cuxo momento se procederá á apertura dunha Lista de Espera.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados das diferentes categorías masculina e femininas en todas as modalidades, que consistirán nun trofeo e nunha placa conmemorativa.