Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

O centro social de Sumoas acolleu a XI Copa de Bolos de Xove

Por 7 Abril, 2022Sin comentarios

Este pasado sábado, 2 de abril, desenvolveuse na bolera do centro social de Sumoas, no Concello de Xove, a XI Copa de Bolos, un torneo que non se celebraba dende 2014 e que este ano recuperou o Club de Bolos Xove coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Xove.

A diferenza da Liga de Bolos do Concello, onde a participación faise a título individual, a Copa celebrase por parellas que é a forma antiga e tradicional de xogar. Destaca tamén que na Copa non hai categorías, xógase mixturado, participando conxuntamente rapaces/as Sub 16, séniors femeninos, senior masculinos e seniors maiores de 60 anos. Para constitución das parellas tómase como base a clasificación final da Liga de Bolos, tentándose que as parellas sexan o máis equilibradas posibles. 

A competición disputouse por eliminatorias, parella contra parella, habendo octavos, cuartos, semifinais e final e nesta XI edición a organización concedeu trofeos ás 3 parellas primeiro clasificadas.

Os agasallados foron os campións Xenxo Salgueiro, de categoría Sub 16, e Rafael González, de categoría senior masculina; os subcampións Carmen Roca, de categoría senior feminina, e Marcelino Rodríguez de categoría senior/maior de 60 anos; e os terceiros foron Julia López, de categoría senior feminina, e José González, de categoría senior/maior de 60 anos.

Os trofeos a estas tres parellas foron entregados pola concelleira de Servizos Sociais Ana Abad e pola concelleira de Medioambiente Cecilia Duarte.