Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Elena González Rico, do Altrúan, logrou o ouro en infantil B K1

Por 9 Abril, 2022Sin comentarios

A piragüista do Altruán de Ribadeo, Elena González Rico, logrou recentemente a medalla de ouro en infantil B en K1, 3.000m, no Campionato Galego de Inverno, e fai tan só uns días, logrou ser segunda na final da categoría B do Campeonato de España de Jóvenes Promesas.

O Campionato Galego de invierno celebrouse a pasada fin de semana en Muíños, Ourense), e a palista fixo unha actuación sobresainte na que completou os 3.000 metros en 15:25.72, case medio minuto menos que as súas compañeiras de podio.