Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Iván Cao deixa o Pescados Rubén Burela FS

Por 13 Abril, 2022Abril 14th, 2022Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela informou de que Iván Cao ‘Lucas’ chegaron a un acordo para deixar o banco das Guerreiras Laranxas.

Polo que o ata o de agora técnico laranxa do equipo feminino de Primeira División xa non se xogará contra o AD Alcorcón FSF para a xornada 23 de Liga que se disputa o sábado 16 en Burela.

“O esgotamento dunha etapa motivou esta decisión, pero ‘Lucas’ sempre foi e será parte da nosa familia laranxa”, dixeron dende o club.

Cao fíxose coas rendas das Guerreiras Laranxas en agosto do 2021 tras ser o seu primeiro adestrador na tempada 2015-2016. Na súa chegada afrontou o reto de darlle continuidade ao esforzo e traballo que realizan as xogadoras.

Lucas gañouse con suor o respecto e aprecio incondicional de todo o club en todos os seus organismos, incluíndo directiva, corpo técnico, persoal, afección, e un longo étc.

As guerreiras van afrontar as últimas xornadas de competición dando a súa mellor versión, quedando 8 xornadas de Liga, a fase da copa da Raíña, e o máis que probable play off polo título de liga. A partir de agora será Julio Delgado o que se fará cargo do equipo na que será a súa segunda etapa á fronte.