Skip to main content
Alfoz

A asociación O Castelo de Alfoz convoca o concurso das Letras Galegas 2022

Por 28 Abril, 2022Abril 29th, 2022Sin comentarios

Desde a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz convocan un concurso de narrativa e debuxo co gallo do Día das Letras Galegas 2022. O concurso terá dúas modalidades, unha de  narrativa (relatos curtos) e outra de debuxo. 

Na modalidade de narrativa os traballos deberán estar en lingua galega, temática será libre e os traballos non deberán ocupar máis de 4 caras. A de debuxo terá unha temática libre e deberán estar feitos nunha cartolina tamaño DIN A4.

Haberá catro categorías: A ata 5 anos, B de 6 a 8 anos, C de 9 a 11 anos, D de 12 a 16  anos que serán os anos cumpridos no 2021 e haberá premios para o mellor traballo de cada modalidade e categoría. Poderanse remitir dous traballos por modalidade e participante. 

O prazo de presentación dos traballos rematará o día 20 de maio de 2022 e os participantes deberán cubrir unha folla de inscrición para cada traballo que presenten e entregar os traballos na biblioteca da Casa da Cultura de Alfoz ou escaneados mediante o correo electrónico asociacion.ocastelo@gmail.com co asunto Concurso Letras Galegas e con todos os  datos que se piden na folla de inscrición. Se se escolle esta última opción deberase conservar o traballo físico que será requirido en caso de gañar un premio.