Skip to main content
BarreirosMar AMARIÑAXA

Costas recuperará os sistemas dunares, o paseo e os accesos de Arealonga en Barreiros

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

A Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar está a ultimar os proxectos de recuperación e protección do sistema dunar de Arealonga en San Miguel de Reinante así como no acceso á mesma e no paseo marítimo.

José Miñones anunciaba, na súa visita en decembro de 2021, que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está a ultimar a redacción dos proxectos para facer melloras neste municipio mariñán. 

“Con estas intervencións propoñémonos axudar á recuperación da gran riqueza natural que posúe o concello de Barreiros, que supón un gran atractivo tanto para os veciños e veciñas como para os numerosos visitantes deste municipio”, subliñou Miñones na visita en decembro de 2021. 

O delegado do Goberno informou na súa anterior visita ao Concello, de que a Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar está a ultimar os proxectos de recuperación e protección do sistema dunar de Arealonga en San Miguel de Reinante.

Estas actuacións consistirán na recuperación do sistema dunar da praias no que se pechará o paso da xente para evitar o desgaste. Posteriormente está prevista a execución de novos accesos e a mellora dos xa existentes así como do paseo marítimo. 

A idea fundamental é a de reducir parte do formigón que hai nesa contorna coa introducción de novos elementos de madeira para que non sexan tan agresivos coa contorna. Tamén se mellorarán os antiguos aseos da praia xa que agora mesmo atópanse inutilizables.