Skip to main content
Barreiros

Barreiros selecciona un traballador social

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

Publicouse no BOP de Lugo, con data do 13 de abril, unha convocatoria para iniciar o proceso selectivo de un traballador social a media xornada para o Concello de Barreiros.

O prazo de presentación de instancias é de quince días hábiles, é dicir ata o 6 de maio inclusive, no rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.

As bases e o modelo de solicitude están publicados na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.