Skip to main content
Burela

A Biblioteca de Burela convoca o concurso das Letras Galegas 2022

Por 20 Abril, 2022Abril 27th, 2022Sin comentarios

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela a través da súa Biblioteca Pública Municipal vén de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2022 na súa fase local.

Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con narracións en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O tema elixido nesta ocasión é O que pasa ao meu arredor, observando o mundo como se sente un, que pasa no mundo, os pensamentos, etc.

Tamén haberá unha cartegoría de debuxos, feitos sobre cartolina cun tamaño aproximado de DIN A4, sobre o mesmo tema.

Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a máquina ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora.

Establécense tres categorías: A , ata 8 anos; B de 9 a 11 anos; C de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de maio debendo ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela.

O fallo do xurado local farase público na segunda quincena de maio. Os traballos premiados nesta fase local  participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.