Skip to main content
Cervo

Música, obradoiros, inchables e moitas máis actividades na Semana Santa de Cervo

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo programa para esta Semana Santa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade.

A inauguración tivo lugar na Praza do Souto, co Taller Infantil Ovos de Pascua e continuará hoxe, domingo 10 de abril, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar, ás 13:30H na Praza do Souto.

De luns a mércores, de 11 a 14 os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades realizadas en Enredos, mentres que pola tarde gozarán do torneo de fútbol 7 e o láser tag, a través de Xuventude.

O mesmo mércores 13, de 17 a 20, haberá inchables na Praza dos Campos para os nenos e nenas, e xa pola noite, dentro do ciclo de concertos de O Son do Nordeste, actuará The Corporation a partir das 21H.

O xoves 14 tocará La Disquetera dentro do ciclo A Caixa de Música, ás 13:30 na Praza do Souto. Xa pola noite será a quenda para Rachel & The Blue Batons, a partir das 21:30H na Praza dos Campos.

O venres 15, ás 21:30h Os Carunchos ofrecerán o seu espectáculo na Praza dos Campos.

O sábado 16 será a quenda para a Festa do Mexillón. Ao longo do día poderán degustarse as mellores tapas elaboradas co molusco nos diferentes locais de hostalería de San Ciprián.  Xa pola noite amenizarán a orquestra Fania Blanco Show e a Disco Móbil Chocolate.

O domingo pechará esta programación de abril a actuación da Mekanika Rolling Band, pertencente ao ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. 

Tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos hai instaladas dúas carpas para poder gozar das actividades aínda que as inclemencias do tempo non acompañen.